CGETI PATROCINA AS XL XORNADAS DE AUTOMÁTICA PROMOVIDAS POLO COMITÉ ESPAÑOL DE AUTOMÁTICA (CEA)CGETI14 may 20191 Min. de lecturaActualizado: 22 jul 2019 Este ano 2019, as Xornadas celebran súa cuadraxésima edición, durante os días 4, 5, e 6 de setembro, na Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña, ubicada no Campus de Serantes-Ferrol. Desta volta, o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais figura no elenco de entidades patrocinadoras do evento, polo senlleiro e histórico vencello da Profisión Regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial con esta importante área de coñecimento.Os membros do Comité Organizador elaboraron un programa que permitirá aproveitar esta oportunidade para que os participantes arrequezan súas carreiras profesionais con novos coñecementos e contactos. O Comité Español de Automática (CEA), asociación sen ánimo de lucro, membro español da Federación Internacional de Control Automático (IFAC), celebra anualmente dende o ano 1977, estas Xornadas de Automática. CEA áchase formada por numerosos socios particulares e instituicións do eido da automatización, do control de procesos e das novas tecnoloxías. As Xornadas de Automática están organizadas por distintas universidades ou centros de investigación de fala hispana sendo o obxectivo das mesmas xuntar profesores, investigadores, estudantes e profisionais do ámbito da Automática para trataren temas vencellados coa docencia e a investigación (entre outros, a automatización e o control, a instrumentación, a robótica, o modelado e simulación de sistemas, etc.). O evento constitúe un ponto de encontro entre quen teña a Automática como eixo da sua atividade profisional, tanto no eido da investigación coma da docencia ou da empresa. Representa, ademais, un foro de discusión no que presentar resultados, debater ideas ou expor proxectos relacionados con esta rama da enxeñería.DIARIO DE FERROL: Entrevista a José Luis Calvo Rolle - Comité Organizador
Este ano 2019, as Xornadas celebran súa cuadraxésima edición, durante os días 4, 5, e 6 de setembro, na Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña, ubicada no Campus de Serantes-Ferrol. Desta volta, o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais figura no elenco de entidades patrocinadoras do evento, polo senlleiro e histórico vencello da Profisión Regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial con esta importante área de coñecimento.Os membros do Comité Organizador elaboraron un programa que permitirá aproveitar esta oportunidade para que os participantes arrequezan súas carreiras profesionais con novos coñecementos e contactos. O Comité Español de Automática (CEA), asociación sen ánimo de lucro, membro español da Federación Internacional de Control Automático (IFAC), celebra anualmente dende o ano 1977, estas Xornadas de Automática. CEA áchase formada por numerosos socios particulares e instituicións do eido da automatización, do control de procesos e das novas tecnoloxías. As Xornadas de Automática están organizadas por distintas universidades ou centros de investigación de fala hispana sendo o obxectivo das mesmas xuntar profesores, investigadores, estudantes e profisionais do ámbito da Automática para trataren temas vencellados coa docencia e a investigación (entre outros, a automatización e o control, a instrumentación, a robótica, o modelado e simulación de sistemas, etc.). O evento constitúe un ponto de encontro entre quen teña a Automática como eixo da sua atividade profisional, tanto no eido da investigación coma da docencia ou da empresa. Representa, ademais, un foro de discusión no que presentar resultados, debater ideas ou expor proxectos relacionados con esta rama da enxeñería.DIARIO DE FERROL: Entrevista a José Luis Calvo Rolle - Comité Organizador
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Kommentarer