CGETI18 dic 20181 Min. de lecturaA COMPAÑÍA GALEGA DE TELECOMUNICACIÓNS “R”, A UDC E A UDV CREAN A "CÁTEDRA R" EN CIBERSEGURIDADEActualizado: 20 dic 2018 Os reitores das universidades da Coruña e de Vigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa, respectivamente, e máis Alfredo Ramos, director xeral de R, asinaron o convenio para a creación da Cátedra R en Ciberseguridade, a primeira interuniversitaria existente en Galicia. Con esta nova Cátedra quérese promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación e ampliar os coñecementos, técnicos e habilidades dos membros da comunidade universitaria e doutros profesionais. A meta última é adaptar ese coñecemento ás necesidades da empresa, fomentando a formación continua, a innovación e a investigación na área da Ciberseguridade. Trátase da primeira cátedra na que colaboran á vez dúas universidades galegas, dispostas desta volta a traballar man a man co operador galego R neste eido.
Os reitores das universidades da Coruña e de Vigo, Julio Abalde e Manuel Reigosa, respectivamente, e máis Alfredo Ramos, director xeral de R, asinaron o convenio para a creación da Cátedra R en Ciberseguridade, a primeira interuniversitaria existente en Galicia. Con esta nova Cátedra quérese promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación e ampliar os coñecementos, técnicos e habilidades dos membros da comunidade universitaria e doutros profesionais. A meta última é adaptar ese coñecemento ás necesidades da empresa, fomentando a formación continua, a innovación e a investigación na área da Ciberseguridade. Trátase da primeira cátedra na que colaboran á vez dúas universidades galegas, dispostas desta volta a traballar man a man co operador galego R neste eido.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments