Una volta máis, a Fundación Técnica Industrial ven de convocar o Premio Galicia, que conta con o patrocinio do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, para traballos de promoción tecnolóxica e industrial ou áreas de coñecimento semellantes. O CGETI tenta así contribuir na propagación e difusión de inicitativas que conduzan a tal fin e à xeralización de coñecimentos de calquera atividade do eido tecnolóxico-industrial. Os traballos seleccionados haberán de ter unha contrastada calidade científica con enfoque divulgador e actualidade temática. Valoraránse especialmente os cantos metodolóxicos, divulgativos e técnicos, a argumentación, a oportunidade e o tratamento do tema. A data para presentación de traballos sinálase para o día 12 de marzo de 2019.
De xeito paralelo con o chamamento para o Premio Galicia, a Fundación Técnica Industrial ven de convocar o Premio Especial “Emprendedores” cuxo prazo de presentación de candidaturas rematará o día 11 de marzo de 2019.
Comments