CGETI27 nov 20181 Min. de lecturaA XUNTA PROMOVE O BACHARELATO STEMBach PARA IMPULSAR ACCESOS A ESTUDOS UNIVERSITARIOS EN TECNOLOXÍASA conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela na inauguración dunha xornada formativa dirixida a alumnado, profesorado e persoal investigador universitario colaborador no desenvolvemento do impulso do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach). Esta modalidade impártese por primeira vez neste curso como iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital (EDUdixital) 2020.A titular do departamento de Educación da Xunta de Galicia sinalou este Bacharelato como “unha oportunidade, tamén, para chegar ao mundo universitario cun coñecemento previo de primeira man que vos facilite a incorporación e adaptación ás ensinanzas superiores”. Neste sentido lembrou que o STEMbach completa a formación do alumnado en aspectos máis amplos, como o desenvolvemento dunha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica, clave para avanzar nunha sociedade máis xusta, participativa e libre; o fomento da creatividade, a mellora das destrezas comunicativas e a mellora da capacidade expresiva, oral e escrita.Durante a súa intervención Carmen Pomar quixo agradecer ao profesorado e colaboradores universitarios a súa implicación neste novo proxecto, así como felicitar os estudantes “por subirvos a esta nave como pioneiras e pioneiros do STEMBach”.Ver máis na web da CEUFP
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta mañá no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela na inauguración dunha xornada formativa dirixida a alumnado, profesorado e persoal investigador universitario colaborador no desenvolvemento do impulso do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMBach). Esta modalidade impártese por primeira vez neste curso como iniciativa pioneira ao abeiro da Estratexia Galega para a Educación Dixital (EDUdixital) 2020.A titular do departamento de Educación da Xunta de Galicia sinalou este Bacharelato como “unha oportunidade, tamén, para chegar ao mundo universitario cun coñecemento previo de primeira man que vos facilite a incorporación e adaptación ás ensinanzas superiores”. Neste sentido lembrou que o STEMbach completa a formación do alumnado en aspectos máis amplos, como o desenvolvemento dunha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica, clave para avanzar nunha sociedade máis xusta, participativa e libre; o fomento da creatividade, a mellora das destrezas comunicativas e a mellora da capacidade expresiva, oral e escrita.Durante a súa intervención Carmen Pomar quixo agradecer ao profesorado e colaboradores universitarios a súa implicación neste novo proxecto, así como felicitar os estudantes “por subirvos a esta nave como pioneiras e pioneiros do STEMBach”.Ver máis na web da CEUFP
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments