CGETI24 feb 20212 Min. de lecturaBARÓMETRO INDUSTRIAL 2020 COGITI-UCAM. PUBLICADO O INFORME DE RESULTADOS DA C.A. DE GALICIA.Por cuarto ano consecutivo, vénse de presentar o informe correspondente ao IV Barómetro Industrial do Consello Xeral da Enxeñería Técnica Industrial de España (COGITI) - Cátedra Internacional COGITI de Enxeñería e Política Industrial (UCAM) correspondente a 2020, que achega a visión dos Enxeñeiros Técnicos Industriais sobre a situación na que se atopan as empresas do ámbito industrial, así como dos profesionais que traballan nelas (traballadores autónomos e por conta allea), e as perspectivas que mostran a evolución da economía, en xeral, e do sector industrial, en particular, que inclúe un documentado Informe específico ilustrativo da situación de Galicia.Nesta nova edición vólvese contar, por segundo ano, coa inestimable colaboración do Consello Xeral de Economistas de España, que se materializou no informe “Unha perspectiva económica da situación da industria en España. Actualización 2020".Co informe do Barómetro Industrial 2020, preténdese oferecer datos relevantes e que sexan de interese na toma de decisións, tanto para os representantes do ámbito público como para o sector privado. Trátase dun estudo sociolóxico completamente independente, no que, a través das respostas ofrecidas por Enxeñeiros Técnicos Industriais, valórase a situación sectorial no noso país, a nivel nacional, e compárase ao mesmo tempo coa apreciación que estes profesionais teñen do contexto da súa rexión. Así mesmo, realízase unha comparativa cos resultados do Barómetro Industrial 2019. Por iso, o Barómetro é un bo indicador e fornece unha visión certeira sobre o estado da economía, en xeral, e do sector da Industria, en particular, unido ademais ás perspectivas de futuro a medio e longo prazo. Este informe ten como obxectivo, por tanto, ofrecer á sociedade un diagnóstico do momento no que se atopan as nosas empresas industriais, por unha banda, e da situación dos profesionais que traballan nelas, por outro, grazas ás respostas obtidas na ampla enquisa realizada a unha mostra representativados colexiados de todo o país. Os enquisados representan proporcionalmente a gran parte dos ámbitos produtivos, e tamén está reflectida a valoración daqueles que están desempregados.
Por cuarto ano consecutivo, vénse de presentar o informe correspondente ao IV Barómetro Industrial do Consello Xeral da Enxeñería Técnica Industrial de España (COGITI) - Cátedra Internacional COGITI de Enxeñería e Política Industrial (UCAM) correspondente a 2020, que achega a visión dos Enxeñeiros Técnicos Industriais sobre a situación na que se atopan as empresas do ámbito industrial, así como dos profesionais que traballan nelas (traballadores autónomos e por conta allea), e as perspectivas que mostran a evolución da economía, en xeral, e do sector industrial, en particular, que inclúe un documentado Informe específico ilustrativo da situación de Galicia.Nesta nova edición vólvese contar, por segundo ano, coa inestimable colaboración do Consello Xeral de Economistas de España, que se materializou no informe “Unha perspectiva económica da situación da industria en España. Actualización 2020".Co informe do Barómetro Industrial 2020, preténdese oferecer datos relevantes e que sexan de interese na toma de decisións, tanto para os representantes do ámbito público como para o sector privado. Trátase dun estudo sociolóxico completamente independente, no que, a través das respostas ofrecidas por Enxeñeiros Técnicos Industriais, valórase a situación sectorial no noso país, a nivel nacional, e compárase ao mesmo tempo coa apreciación que estes profesionais teñen do contexto da súa rexión. Así mesmo, realízase unha comparativa cos resultados do Barómetro Industrial 2019. Por iso, o Barómetro é un bo indicador e fornece unha visión certeira sobre o estado da economía, en xeral, e do sector da Industria, en particular, unido ademais ás perspectivas de futuro a medio e longo prazo. Este informe ten como obxectivo, por tanto, ofrecer á sociedade un diagnóstico do momento no que se atopan as nosas empresas industriais, por unha banda, e da situación dos profesionais que traballan nelas, por outro, grazas ás respostas obtidas na ampla enquisa realizada a unha mostra representativados colexiados de todo o país. Os enquisados representan proporcionalmente a gran parte dos ámbitos produtivos, e tamén está reflectida a valoración daqueles que están desempregados.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments