A conmemoración do 20º aniversario da publicación do primeiro número da revista DINAMO TÉCNICA, tivo lugar o xoves 12 de setembro no Salón de Actos da Sede da Universidade da Coruña en Ferrol. Oriol Sarmiento Díez (editor) e Fernando Blanco Silva (director) estiveron acompañados nomeadamente na presidencia do acto polo Alcalde da Ferrol, Ángel Mato Escalona, e por Araceli Torres Miño, Vicerreitora do Campus de Ferrol e de Responsabilidade Social da UDC.
Esta senlleira cita do sextor enerxético galego contou coa presenza de importantes referentes do sector e con representantes da universidade e da administración industrial galegas. Amáis do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, DINAMO TÉCNICA recoñecéu a autores que escribiron na revista e a empresas e organizacións que colaboraron coa revista dende distintos frentes. Ao remate, celebrouse un espazo para o networking, onde todos os asistentes mostraron seus parabéns aos editores; felicitacións ás que se suman os Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia e o Consello que acolle os catro Colexios galegos.
תגובות