CGETI20 oct 20202 Min. de lecturaENERXÉTIKA CELEBRARÁ SUA 3ª EDICIÓN EN NOVEMBRO DE 2021, LOGO DE SE TER ANULADO A PREVISTA EN 2020A terceira edición de ENERXÉTIKA, a Feira da Enerxía de Galicia, estaba prevista do 26 ao 28 de marzo deste ano. Contodo, a crise sanitaria derivada da COVID-19 non permitiu súa celebración.Agora, o Comité Organizador do Certame, no que participa o CGETI (Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais), recén decidiu que esta edición teña lugar en 2021, sendo as datas fixadas do 4 ao 6 de novembro. Neste sentido consideraron que o próximo ano perfílase como o máis axeitado para levala a cabo, pois será de grande importancia para o setor debido a que a transición enerxética estáse a acelerar enormemente, coas consecuentes innovacións tecnolóxicas, remudas regulatorias e tramitacións de proxectos que farán que a feira sexa un foro idóneo no mellor momento posible. Así mesmo, será un ano de grande relevo para Galicia pola celebración do Xacobeo 2021, o cal tamén influirá significativamente na feira.Para abordar este tema, o Comité Organizador do Certame levou a cabo en días pasados unha reunión por videoconferencia, na cal os participantes estiveron acompañados polo director xeral de Planificación Estratéxica e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Anxo Bernardo Tahoces, quen preside o comité, e polo director do Departamento de Enerxía e Planificación Estratéxica do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Emérito Freire Sambade.Non hai dúvida que a situación na que se atopa o setor converterá a Enerxétika 2021 nunha cita con grande interese, o cual vénse sumar á xa notable evoluición deste Certame, que na súa ánterior edición converteuse nun espazo de referencia e que para as iniciais datas de marzo contaba con magníficas perspectivas. Naquel momento, antes do seu aprazamento polo inicio da pandemia, contabilizábase un incremento do 24% dos expositores con intención de participar, tendo por diante aínda varias semanas de comercialización, e o evento ampliaba a súa superficie expositiva a un segundo pavillón. Con estas novas datas de 2021 o obxectivo é mellorar aínda máis estas cifras.
A terceira edición de ENERXÉTIKA, a Feira da Enerxía de Galicia, estaba prevista do 26 ao 28 de marzo deste ano. Contodo, a crise sanitaria derivada da COVID-19 non permitiu súa celebración.Agora, o Comité Organizador do Certame, no que participa o CGETI (Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais), recén decidiu que esta edición teña lugar en 2021, sendo as datas fixadas do 4 ao 6 de novembro. Neste sentido consideraron que o próximo ano perfílase como o máis axeitado para levala a cabo, pois será de grande importancia para o setor debido a que a transición enerxética estáse a acelerar enormemente, coas consecuentes innovacións tecnolóxicas, remudas regulatorias e tramitacións de proxectos que farán que a feira sexa un foro idóneo no mellor momento posible. Así mesmo, será un ano de grande relevo para Galicia pola celebración do Xacobeo 2021, o cal tamén influirá significativamente na feira.Para abordar este tema, o Comité Organizador do Certame levou a cabo en días pasados unha reunión por videoconferencia, na cal os participantes estiveron acompañados polo director xeral de Planificación Estratéxica e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, Anxo Bernardo Tahoces, quen preside o comité, e polo director do Departamento de Enerxía e Planificación Estratéxica do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Emérito Freire Sambade.Non hai dúvida que a situación na que se atopa o setor converterá a Enerxétika 2021 nunha cita con grande interese, o cual vénse sumar á xa notable evoluición deste Certame, que na súa ánterior edición converteuse nun espazo de referencia e que para as iniciais datas de marzo contaba con magníficas perspectivas. Naquel momento, antes do seu aprazamento polo inicio da pandemia, contabilizábase un incremento do 24% dos expositores con intención de participar, tendo por diante aínda varias semanas de comercialización, e o evento ampliaba a súa superficie expositiva a un segundo pavillón. Con estas novas datas de 2021 o obxectivo é mellorar aínda máis estas cifras.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments