CGETI18 ene 20191 Min. de lecturaO CGETI FIGURA NO ELENCO DE PATROCINADORES DA IX EDICIÓN DAS JEDII, A CELEBRAR EN FERROL EN FEBREIROActualizado: 21 ene 2019 As Xornadas Estatais de Enxeñaría Industrial (JEDII) é un dos maiores actos de congregación de estudantes de enxeñerías industriais de España. Ditas xornadas consisten nunha serie de cursos, talleres, visitas a empresas e relatorios nas que participan estudantes de enxeñerías do ámbito industrial procedentes de multitude de Universidades de toda España.Estas xornadas nacen da man do CREII (Consello de Representantes de Estudantes de Enxeñería Industrial) e da AERRAAITI (Asociación Estatal de Representantes de Alumnos de Enxeñerías de ámbito Industrial), organismos a nivel nacional nos que están representadas a maioría das universidades españolas, como medio para motivar aos alumnos a continuaren seus estudos, informarlles sobre temas que lles afectan de forma directa e, á súa vez, ofrecerlles unha perspectiva máis ampla e diversa sobre o mundo laboral ao que algún día incorporaránse, mostrándolles así a enxeñería dunha maneira máis dinámica.Nesta ocasión, ademais, as JEDII servirán de axuda para que estudantes de toda España coñezan Ferrol-A Coruña, e descubran cales son os motores económicos máis importantes da Comunidade galega.As JEDII organízanse anualmente nunha das diferentes Escolas participantes nos congresos do CREII e da AERAAITI. As xornadas nacen co obxectivo destas organizacións de ofrecer aos estudantes unha formación complementaria á achegada polas Universidades, dándolles así a oportunidade de potenciar a súa formación como enxeñeiros nas distintas ramas do campo industrial. En esta edición a organización corre a cargo da Delegación de Alumnos da Escola Politécnica Superior, do Campus de Esteiro-Ferrol, da Universidade da Coruña.
As Xornadas Estatais de Enxeñaría Industrial (JEDII) é un dos maiores actos de congregación de estudantes de enxeñerías industriais de España. Ditas xornadas consisten nunha serie de cursos, talleres, visitas a empresas e relatorios nas que participan estudantes de enxeñerías do ámbito industrial procedentes de multitude de Universidades de toda España.Estas xornadas nacen da man do CREII (Consello de Representantes de Estudantes de Enxeñería Industrial) e da AERRAAITI (Asociación Estatal de Representantes de Alumnos de Enxeñerías de ámbito Industrial), organismos a nivel nacional nos que están representadas a maioría das universidades españolas, como medio para motivar aos alumnos a continuaren seus estudos, informarlles sobre temas que lles afectan de forma directa e, á súa vez, ofrecerlles unha perspectiva máis ampla e diversa sobre o mundo laboral ao que algún día incorporaránse, mostrándolles así a enxeñería dunha maneira máis dinámica.Nesta ocasión, ademais, as JEDII servirán de axuda para que estudantes de toda España coñezan Ferrol-A Coruña, e descubran cales son os motores económicos máis importantes da Comunidade galega.As JEDII organízanse anualmente nunha das diferentes Escolas participantes nos congresos do CREII e da AERAAITI. As xornadas nacen co obxectivo destas organizacións de ofrecer aos estudantes unha formación complementaria á achegada polas Universidades, dándolles así a oportunidade de potenciar a súa formación como enxeñeiros nas distintas ramas do campo industrial. En esta edición a organización corre a cargo da Delegación de Alumnos da Escola Politécnica Superior, do Campus de Esteiro-Ferrol, da Universidade da Coruña.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comments