O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) en colaboración con o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de Profesionais da Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), organiza o IV Congreso Internacional “A Prevención e Seguridade Industrial 4.0” que, baixo o lema [CONTEXTO COVID-19] celebraráse en modalidade virtual o 22 de outubro de 2020, con a colaboración do Concello de Vigo, CÍES ATLÁNTICO e o Consello Xeral de Profesionais de Seguridade e Saúde no Traballo de España ( CGPSST). Este IV Congreso Internacional constitúe de novo un ponto de encontro entre profisionais para concienciar sobre da importancia de ter en conta aspectos de prevención e seguranza na nova Industria 4.0, e para que poidan coñeceren as opcións e ferramentas que oferecen as novas tecnoloxías, así como aprender de primeira man da experiencia de empresas e provedores na súa implantación.
Este ano, atendendo á situación de pandemia, os contidos do Congreso, que se celebrará exclusivamente en modalidade virtual, orientaranse preferentemente á loita contra as consecuencias da Covid-19 na contorna laboral. Pódese atopar a información completa na PÁXINA WEB do Congreso con a reseña atualizada do programa congresual.
Des de o CONSELLO GALEGO DE ENXEÑEIROS TÉCNICOS INDUSTRIAIS anímase a todos os profisionais do setor e outros interesados a asistiren a este evento (en liña via streaming) previa inscrición totalmente gratuita. É importante subliñar que todos os participantes recibirán Diploma Acreditativo. Formulario de inscrición: AQUÍ.
コメント