CGETI30 nov 20211 Min. de lecturaO ENXEÑEIRO ANTÓN COSTAS COMESAÑA RECIBIU A INSIGNIA DE OURO DO C.G.E.T.IO Enxeñeiro Técnico Industrial Antón Costas Comesaña, recibíu recentemente a 46ª Insignia de Ouro do Consello Galego de EE.TT.II. Este senlleiro galardón fóralle concedido, en base aos seus moitos méritos e traxectoria profisional, polos órganos de goberno do Consello o 28 de xaneiro de 2017.Antón Costas Comesaña, que na actualidade é Presidente do Consello Económico e Social de España, rematou os estudos en 1972 na Escola de Enxeñaria de Vigo, incorporándose como Enxeñeiro Técnico Industrial ao Colexio da cidade olívica. Con posterioridade acadóu a Licenciatura e o Doutorado en Economía na Universidade de Barcelona, Centro Universitario onde logo, sucesivamente, foi profesor e catedrático de Política Económica. Mais en diante, antes da presidencia do C.E.S.E., ocupou a do recoñecido Cercle d’ Economía.A entrega do galardón, que correu a cargo do máximo responsábel do Consello, Jorge Rivera Gómez, acontecéu nun acto celebrado o 21 de outubro de 2021 no Círculo de Empresarios de Galicia – Clube Financieiro Vigo, presidido polo Alcalde de Vigo Abel Caballero Álvarez, con a presenza dos principais componentes da Xunta Executiva do CGETI, ao remate do V Congreso Internacional de Prevención y Seguridad 4.0, desenvolvido ese día baixo a coorganización do Consello e no que o propio galardonado intervíu impartindo a Ponencia “Prevención, Seguranza Industrial e Desenvolvimento Económico: Unha visión dende o Consello Económico e Social de España”.
O Enxeñeiro Técnico Industrial Antón Costas Comesaña, recibíu recentemente a 46ª Insignia de Ouro do Consello Galego de EE.TT.II. Este senlleiro galardón fóralle concedido, en base aos seus moitos méritos e traxectoria profisional, polos órganos de goberno do Consello o 28 de xaneiro de 2017.Antón Costas Comesaña, que na actualidade é Presidente do Consello Económico e Social de España, rematou os estudos en 1972 na Escola de Enxeñaria de Vigo, incorporándose como Enxeñeiro Técnico Industrial ao Colexio da cidade olívica. Con posterioridade acadóu a Licenciatura e o Doutorado en Economía na Universidade de Barcelona, Centro Universitario onde logo, sucesivamente, foi profesor e catedrático de Política Económica. Mais en diante, antes da presidencia do C.E.S.E., ocupou a do recoñecido Cercle d’ Economía.A entrega do galardón, que correu a cargo do máximo responsábel do Consello, Jorge Rivera Gómez, acontecéu nun acto celebrado o 21 de outubro de 2021 no Círculo de Empresarios de Galicia – Clube Financieiro Vigo, presidido polo Alcalde de Vigo Abel Caballero Álvarez, con a presenza dos principais componentes da Xunta Executiva do CGETI, ao remate do V Congreso Internacional de Prevención y Seguridad 4.0, desenvolvido ese día baixo a coorganización do Consello e no que o propio galardonado intervíu impartindo a Ponencia “Prevención, Seguranza Industrial e Desenvolvimento Económico: Unha visión dende o Consello Económico e Social de España”.
Subvenciones destinadas al refuerzo y extensión de las redes de distribución eléctrica que dan servicio a los parques empresariales
Comentários