top of page
Foto del escritorCGETI

PUBLICADA LEI GALEGA DE REABILITACIÓN, REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS. ENTRA EN VIGOR 22 DE MAIO

Actualizado: 20 may 2019

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a Lei galega de Reabilitación e de Rexeneración e Renovación Urbanas, que entrará en vigor o vindeiro dia 22 de maio de 2019. Baixo criterios de promoción da calidade de vida da cidadanía, entre os obxectivos da Lei resaltan o impulso da modernización tecnolóxica dos edificios aparellada ao desenvolvimento de infraestruturas dirixidas às novas tecnoloxias da información, o fomento da reducción do consumo enerxético por medio da utilización de sistemas centralizados de producción de enerxía e o uso de renovábeis. A Lei adica o Capítulo II do Título Preliminar ao Informe de Avaliación dos Edificios, que se revela como o principal elemento documental para o acadar seus fins. O Art. 9, dí: “O informe de avaliación do edificio deberá ser subscrito polo persoal técnico facultativo competente. Para tal efecto, considérase persoal técnico facultativo competente o que estea en posesión de calquera das titulacións académicas e profesionais que habilitan para a redacción de proxectos ou a dirección de obras e para a dirección de execución de obras de edificación, segundo o establecido na Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, ou teña acreditada a cualificación necesaria para a realización do informe, segundo as disposicións aplicables en materia de capacitación profesional”. En virtude de tal definición, sendo os Enxeñeiros Técnicos Industriais titulados profisionais habilitados pola L.O.E., áchanse na consideración de persoal técnico facultativo competente para elaboración e emisión de Informes de Avaliación dos Edificios.


102 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page